Entrevista en el periódico De luns a Venres con motivo de la presentación y firma de ejemplares en Santiago de Compostela de Este circo es un desastre, El bazar de los sueños y Las preguntas de Nair.

Entrevista en la sección Galeg@s:

Miguel Ángel Villar Pinto (escritor). Nado na Coruña en 1977, este novelista vén de presentar en Santiago tres libros de literatura infantil e xuvenil: Este circo es un desastre, Las preguntas de Nair e El bazar de los sueños. Algunhas das súas obras foron comercializadas a nivel internacional e empréganse en varias institucións educativas.

«É curioso cando algún compañeiro do instituto me di que conserva un conto ou relato meu»

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Cun pouco máis de sol, sería o paraíso.
P ¿Que quería ser de pequeno?
R Un día, unha cousa; e outro día, outra. É o bo de ser neno; todo é posible.
P ¿Un lema?
R ¡Podemos!
P ¿Unha canción?
R Tomorrow, de Salif Keita.
P ¿Un libro?
R A montaña máxica, de Thomas Mann.
P ¿Unha comida?
R O marisco galego.
P ¿Un político?
R Takeda Shingen, en quen me inspirei para El camino del guerrero.
P ¿Un personaxe galego?
R Roi Xordo.
P ¿Cando comezou a escribir?
R É curioso cando algún compañeiro do instituto me di que conserva un conto ou relato meu. Supoño que debín empezar entón, quizais antes. Non podería precisar.
P ¿Por que escolleu a literatura infantil e xuvenil?
R O certo é que empecei escribindo novela, e agora compaxino ambos os dous xéneros. Gústame cambiar de rexistro. É máis divertido.